Тёмный

Á volta da lúa (Ezetaerre) 

Cancións en galego
Подписаться 11 тыс.
Просмотров 6 тыс.
50% 1

Canción da banda coruñesa de hip hop Ezetaerre coa colaboración de Marta Espinosa incluída no seu traballo "Aspiracións mínimas e urxentes" (2017)
www.facebook.c...
Estrías coma estradas
hai nas túas pernas
que percorro na procura
dunha vida eterna
Mais só vexo na caverna
siluetas tan informes...
Só me queda chorar
como fan as que son fortes
Coma o verme que se mete
dentro da froita madura
Quero paz,
soñar cun refuxio
nesta noite escura
E crebar
coas túas ataduras
Trazar un plan de coidados
pra curarnos as fisuras
Atopo a túa cara
nos recunchos da cidade
Trobo nesta soidade
versos pola inmensidade
Da distancia entre nosoutras
neste mundo
que separa máis ca nada,
que nos une nun segundo
Collo o tren
coa brétema nos ollos
Penso na mañá
e nos intres que son nosos
Nin de teu, nin de meu
e con nomes propios,
cun valor incalculable
no carreiro sinuoso.
Protéxeme da bátega
nos soportais
Prometo liberarnos do que doe,
dos quizais
Mais non creo nos milagres,
tampouco no porvir
Só creo na lembranza
cando deixe de existir
Tamén creo en ti,
desfrutando cada punto e coma
Refutando cada axioma
nun sorriso que agroma
Neste instante,
no xigante dun agora
Colle a miña man,
hai un mundo alá fóra
Para que lamentar?
Se algo non fixemos,
que non pese na razón
Sen deixar de loitar
Tócanos mimar
todas as contradicións
Xa non vale caer
Con apoio superamos
todo aquilo que fai mal
Nin deixar de correr
Coidando cada paso
sen fixarnos no final
Mírote de fronte
cun quérote entre dentes
Bástame un instante
pra seguir contigo adiante
Ás veces síntome valente,
pois parece suficiente
que sexamos diferentes,
mais xuntas ingobernables
As ganas de apertarte
non hai dispersión que as free
Nin é unha opción ceder
por moito que nos disparen
Non existen normas
das que queren impoñer
Que a arte de querer
se sostén na liberdade
Ir de viaxe a Cuba
e a onde ti queiras chegar
Se un día nos encerran
lembrarei eses momentos
O reflexo nos teus ollos
do poder popular
E os corazóns conectarán
entre as celas de illamento
Sendeiros paralelos,
pero que sexan distintos
A andar sempre no mesmo
xa non lle vexo sentido
Aínda que nos separemos
seguro que coincidimos
Cruzarémonos nas rúas
porque sobran os motivos
Somos forza e rabia,
somos pura alegría,
se esquecemos a tenrura
péchase toda saída
Chegamos ata aquí grazas
á mesma utopía
Que neste mundo amar
é alegar á rebeldía
Non mires cara arriba,
que aínda que vaia chover,
se ao final imos ser cinzas
abofé que imos arder
Que manter a chama viva
non sexa cuestión de fe
Deitarse ao teu carón
significa estar en pé
Para que lamentar?
Se algo non fixemos,
que non pese na razón
Sen deixar de loitar
Tócanos mimar
todas as contradicións
Xa non vale caer
Con apoio superamos
todo aquilo que fai mal
Nin deixar de correr
Coidando cada paso
sen fixarnos no final
A dez centímetros de ti,
case sinto o teu impacto
Agocho con premura
a vontade de contacto
Un pouco máis,
son indeciso
Pero todo vai ben,
non me agobio se improviso
Roubamos centímetros,
só nos quedan tres
E sinto tras de min
o rozar da túa pel
O guión desbotado
dunha peli inconclusa
É Marla asustada
en El club de la lucha
Eu non vou mentir,
dicir que todo irá ben
Pero me comprometo a non mentir
no querer
Sen falsas promesas,
nin xogar ao que non son
A dialéctica está aí,
non lle escapa nin o amor
Non é pesimismo,
nin rachar a ilusión
Vai de afrontar con respecto
toda decisión
Sen agochar a dor,
nin as contradicións
A cabeza está aí,
pero non nega o corazón
Superamos a noite,
con alegre aleivosía
Camiñamos agochadas
na batalla clandestina
Construímos un refuxio
en cada misión
No medio da acción,
amosamos convicción
Non sei onde estaremos
cando conquistemos
todo o que queremos
Pero sei, pensarei
naquela guerrilleira
coa que tanto soñei
Para que lamentar?
Se algo non fixemos,
que non pese na razón
Sen deixar de loitar
Tócanos mimar
todas as contradicións
Xa non vale caer
Con apoio superamos
todo aquilo que fai mal
Nin deixar de correr
Coidando cada paso
sen fixarnos no final
Armados de claveles
sin una excusa concreta
Repoblamos los cañones
de todas las escopetas
Para demostrarle al mundo,
sin perder el rumbo
Que solo estos versos van
cargados de futuro
Para que lamentar?
Se algo non fixemos,
que non pese na razón
Sen deixar de loitar
Tócanos mimar
todas as contradicións
Xa non vale caer
Con apoio superamos
todo aquilo que fai mal
Nin deixar de correr
Coidando cada paso
sen fixarnos no final
There’s a ring around the moon

Опубликовано:

 

6 окт 2024

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии : 4   
@jessicamorales1404
@jessicamorales1404 7 лет назад
As canciones galegas son as mellores
@danielcampos3865
@danielcampos3865 4 года назад
Estou muito feliz em ouvir está cancion ,mui linda palmas para vocês, mi sonho conecer a Galícia.
@capitanahab2320
@capitanahab2320 7 лет назад
Que chula, noraboa!!!!!
@anguitajuliomendizabal8678
@anguitajuliomendizabal8678 6 лет назад
Horrible el formato de que las letras se vayan antes de ser pronunciadas, muy incómodo seguirlo.
Далее
Ares de Montillón (Pepe Vaamonde Grupo)
5:26
Просмотров 10 тыс.
Ezetaerre - Non é verán de Estrella Damm - Videoclip
4:45
Epic Reflex Game vs MrBeast Crew 🙈😱
00:32
Просмотров 3,8 млн
Perdinme no mar (Biribirlocke)
4:25
Просмотров 3,9 тыс.
Amor e sangue en Chiapas (García MC)
4:57
Просмотров 2 тыс.
Andy Muridzo - Nzira Dzemusango (Official Music Video)
5:03
Je Veux (Nao)
4:59
Просмотров 56 тыс.
Chief Shumba Hwenje - Warara Pano ( Official Audio)
6:36
Shingisai Suluma - Maitiro Enyu
5:07
Просмотров 2,7 млн
CATRO VELLOS MARIÑEIROS
4:00
Просмотров 1,6 тыс.
Ezetaerre - Acto II: A insurrección - Videoclip
3:55
Просмотров 138 тыс.
Epic Reflex Game vs MrBeast Crew 🙈😱
00:32
Просмотров 3,8 млн