Тёмный

A LENDA DE BREOGAM (1985) 

Proxecto Socheo
Подписаться 678
Просмотров 5 тыс.
50% 1

A lenda de Breogán é a adaptación dun relato homónimo de Vicente Risco que conta a historia do caudillo celta. Esta escolla tiña como obxectivo aproveitar o mellor dos escenarios posibles na Guarda, o Monte Santa Trega e o seu castro, e así facer máis atractiva para o alumnado a abordaxe deste período histórico. As rapazas e rapaces sumáronse ilusionados ao proxecto e se encargaron de realizar todas as tarefas que a realización do filme precisaba: localización de escenarios, elaboración do guión, interpretación, preparación do atrezzo, rodaxe, etc.
A curtametraxe comeza cando un rapaz, o protagonista da historia (protagonizado por Seve Pacheco), le o relato no Trega e se retrotrae, nunha ilustración en imaxes moi interesante polo formalismo da proposta, á época pasada na cal sucede. Resulta moi suxestivo este inicio porque nel se fai unha evocación do poder da lectura, que entronca de cheo co propio espírito que alberga o proxecto audiovisual.
A continuación vemos unha serie de secuencias nas que se reconstrúe a vida no castro. Obviamente, as imaxes son moi naif, non obstante teñen un importante valor xa que poñen en evidencia o propio artificio cinematográfico, case teatral, como acontece nalgunhas correntes de cinemas "non reconciliados" que practican este tipo de procesos, como por exemplo na obra de Jean-Marie Straub e Daniélle Huillet. Tras amosar os preparativos á guerra a acción desprázase ao embarcadoiro da Pasaxe. A travesía nun barco (unha gamela) filmouse perto da ponte do Tamuxe, e a secuencia final do enterro acontece na praia do Codesal.
O profesor Alberte de Esteban editou o filme con dous vídeos incorporándolle a voz dos seus alumnos e alumnas e tamén a súa propia en over. As imaxes teñen moitas marcas características da manipulación do vídeo, unhas imperfeccións que nos informan sobre os poucos recursos que había no centro e sobre a época na que foi realizada. A lenda de Breogán recibiu unha crítica moi positiva por parte do cineasta galego Calos Velo cando este foi o convidado nas XOCIVIGA de 1985. No seo deste festival puido ser vista A lenda de Breogán, dentro dunha escolma de obras audiovisuais feitas por institutos de toda Galiza. Este filme foi visto na Guarda en poucas ocasións xa que, até o ano pasado, moi pouca xente sabía da súa existencia. Afortunadamente agora volve á luz, e á marxe das súas calidades artísticas podemos admirar nela a materialización dun proxecto pedagóxico rompedor e o legado dunha actitude cara a vida crítica e insubornable.
Máis información en: actodeprimavera.blogaliza.org/...

Кино

Опубликовано:

 

16 июл 2012

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии : 5   
@carmenvelascosobrino2790
@carmenvelascosobrino2790 12 лет назад
Grazas Pablo por informarme para poder disfrutar mirando esta obra de arte.¡Sí que pasan os anos!Un saludo a todos os compañeiros e a Alberte, a quen lembro como o mestre máis especial que nunca coñecín.
@dekardson
@dekardson 12 лет назад
Teño moitas lembranzas desa rodaxe e dese curso. Grazas ós responsables de que poidamos disfrutar por fin do vídeo despois de case trinta anos. Un saudo para todólos meus compañeiros.e para Alberte se le isto.
@Formighax
@Formighax 10 лет назад
como mola!
@ProxectoSocheo
@ProxectoSocheo 12 лет назад
Os títulos de crédito finais viñan na copia proporcionada. Foron postos por Alberte anos despois polo que probablemente debeuse de esquecer deste dato. En Proxecto Socheo decidimos manter enteira a copia proporcionada. No dvd proporcionado tamén había unha version en branco e negro. Mais é de supor que tamén sería posterior para intentar etapar problemas coa cor.
@ProxectoSocheo
@ProxectoSocheo 12 лет назад
Graciñas aos os que comentades, efectivamente é un vídeo realizado por alumnos de primeiro e algún de segundo daquel ano.
Далее
NEVE 1987
6:24
Просмотров 7 тыс.
Lisa Gerrard Dead Can Dance The End
6:55
Просмотров 69 тыс.
GinA LOLLOBRIGIDA
0:56
Просмотров 99 тыс.
Una condesa de Hong Kong 1967 MENÚ
1:28
Просмотров 13 тыс.
Dollars Trilogy Ultimate Cut
25:32
Просмотров 13 млн
Vampires From Around The World (Female Version)
14:01
Просмотров 4,7 тыс.
DESFILE DA FESTA DO MONTE (1983)
1:34
Просмотров 217
CONOZCA USTED... O BAIXO MIÑO  (1968-1969)
3:27
el manantial
4:19
Просмотров 29 тыс.
Oi Oi Oi & E E Ei Meme Looking For a Girlfriend
0:26
БАТЯ И ТЁЩА😂#shorts
0:58
Просмотров 5 млн