Тёмный

Alala 122 Músicas Completas de "Justo do Rego" - TVG 

Alalá TVG
Подписаться 11 тыс.
Просмотров 21 тыс.
50% 1

MÚSICAS COMPLETAS DE JUSTO DO REGO PARA ALALÁ
Algúns dos músicos que protagonizaron Alalá xa non están. Para lembralos e conservalos na memoria aportamos no seu momento o programa e tamén, agora, a montaxes das súas pezas completas.
Justo González "do Rego", gaiteiro de Pacios de Mourisco (Fonsagrada) -- 2009
Este home estaba vinculado dende neno á música. O seu pai xa era músico de afición, o seu avó tocaba a trompa e un irmao de Justo, Manuel, tamén tirou por ese camiño aínda que morreu prematuramente. Este Manuel era un auténtico artista pois tocaba varios instrumentos como a gaita, flauta, clarinete, alcordeón. Ambos irmaos formaron parte do conxunto de gaitas denominado "Gaiteiriños da Puebla" (Puebla de Burón, A Fonsagrada), un grupo que foi moi célebre na comarca pola calidade das interpretacións e, na actualidade, pola valía persoal dos seus membros pasado o tempo.
Un deles, xa falecido, era Jaime "do cabo" de A puebla de Burón, un home artista que dominaba a fabricación de gaitas (eu teño tres gaitas antigas feitas por el), que pasa por ser un dos mellores gaiteiros que se recordan naquela zona. Era quen preparaba as pezas, compoñendo ou adaptando. Tocaba a gaita pero, como tamén dominaba o clarinete, este instrumento era o que tocaba pois a gaita era tiña máis intérpretes sempre.
Outro era o falecido, hai 10 anos aprox., Hermenegildo Fernández "Herme", famoso palleteiro e gaiteiro de A Puebla de Burón que permaneceu moi activo nas dúas facetas ata a súa morte tráxica en Santiago con perto de oitenta anos. O bombeiro, Antonio "de Paradiñas" que vivía en A Puebla de Burón é o tamboriteiro, Indalecio de Llancelas, vivía en Avilés.
Despois de anos tocando e de marchar algúns, ó grupo incorporáronse outros integrantes como Justo e o seu irmao Manuel. Justo pertenceu moitos anos e aprendeu moito no conxunto.
Justo era un home entrañable por bonachón e simpático. Dominaba a gaita ata un punto sorprendente, pois tiña a capacidade inusitada para adaptarse a calquera tema, cousa que resulta raro neste tipo de gaiteiros rurais que están afeitos a tocaren as cousas deles exclusivamente. Justo tocaba tamén pezas clásicas dos Soutelo de Montes e os Morenos de Lavadores. O sorpresivo é a fidelidade coa que tocaba estes temas que, como digo, resulta pouco frecuente nos gaiteiros rurais. Tamén tocaba, claro, algunhas pezas dos "Gaiteiriños da Puebla", pezas compostas na máis parte por Jaime "do Cabo", aquel artista.
A súa técnica tiña algo de arcáica pois toca bastante pechado, coa sonoridade propia dos gaiteiros de calidade da Montaña de Lugo. Tiña un virtuosismo moi atractivo pois vibraba moi ben ó estilo dos gaiteiros clásicos ó ter moi estudiado o repertorio destes grupos célebres que mencionaba iñantes e aprendido moito con Jaime "do Cabo".
Justo e a súa muller, Celia, tiveron un só fillo chamado José Antonio que, lamentablamente, morreu hai catorce anos de morte repentina cando estaba con eles nunha viaxe (vivía en Barcelona). O fillo de José Antonio, Pablo, é na actualidade pianista de profesión o que da unha idea da claridade de ideas en dirección á musica que ten a familia. Despois da morte de José Antonio o matrimonio sumíuse nunha etapa de moito dolor e Justo estivo sen tocar varios anos. Finalmente accedeu a retoma-la afición coa idea de que se distraíra algo e saír da depresión.
Na gravación do programa Alalá se hai unha cousa que nos chamou a atención en Justo do Rego foi a bondade e a paz que transpiraba por tódolos poros da súa pel.
Justo, na nosa memoria.
Ver o programa de Justo do Rego na Web da CRTVG:
85.91.64.21/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=22%3A09%3A31&fecha=03%2F11%2F2009&arquivo=1&programa=ALAL%C1&id_programa=7&corte=0&mp4=0&medio
Texto sobre notas escritas por Juanjo Fernández sobre Justo do Rego para o programa Alalá

Опубликовано:

 

6 окт 2024

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии : 9   
Далее
Galicia 1936. Pallozas e horreos de teito.
7:14
Просмотров 5 тыс.
Noam Chomsky - Why Does the U.S. Support Israel?
7:41
RUMBA DOS CINCO MARIÑEIROS (1)
4:06
Просмотров 46 тыс.
Neña de la salla verde
3:42
Просмотров 2,1 тыс.
Alalá nº 128 "O Freixo" - TVG
43:57
Просмотров 9 тыс.
Alala 128 Músicas Completas de "O Freixo" - TVG
17:05
Reunión de gaiteiros de Fonsagrada, 1991;  Parte 2
1:33:27