Тёмный
No video :(

INFÓRMATE DE COMO OPOSITAR AO CORPO DE AVOGADOS DO ESTADO 

Ministerio de la Presidencia, Justicia y R. Cortes
Просмотров 119
50% 1

Requisitos, temario, proceso selectivo, convocatorias, preparadores e bolsas.
REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA OPOSICIÓN
- Ser maior de 18 anos.
- Ter a nacionalidade española.
- Estar en posesión do título de Licenciado/a en Dereito ou Graduado/a en Dereito, ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Aboar os dereitos de exame, agás as persoas exentas do pagamento en cada convocatoria.
TEMARIO
As principais materias de estudo son:
- Dereito Civil: 96 temas.
- Dereito Hipotecario: 28 temas.
- Dereito Procesual: 73 temas.
- Dereito Mercantil: 40 temas.
- Dereito do Traballo: 18 temas.
- Dereito Constitucional: 32 temas.
- Dereito Administrativo: 76 temas.
- Dereito Financeiro e Tributario: 48 temas.
- Dereito Internacional Público e da Unión Europea: 23 temas.
- Dereito Penal: 31 temas.
Máis información sobre o temario da última convocatoria: www.boe.es/dia...
Descarga de temas: www.asoc-aboga...
PROBAS DO PROCESO SELECTIVO:
O proceso selectivo está formado por cinco probas eliminatorias:
1. Primeiro exercicio: exposición oral de temas (duración 65 minutos): 2 temas de Dereito Civil; 1 de Dereito Hipotecario; 2 de Dereito Procesual; 1 de Dereito Mercantil e 1 de Dereito do Traballo.
2. Segundo exercicio: exposición oral de temas (duración 65 minutos): 1 tema de Dereito Constitucional; 2 de Dereito Administrativo; 2 de Facenda Pública; 1 de Dereito Internacional Público e Europeo e 1 de Dereito Penal.
3. Terceiro exercicio: dúas probas de idiomas:
a. Primeira proba obrigatoria e eliminatoria: lectura e tradución á vista do idioma estranxeiro elixido (inglés ou francés).
b. Segunda proba voluntaria e non eliminatoria: lectura e tradución á vista do segundo idioma estranxeiro elixido.
4. Cuarto exercicio: caso práctico (duración 10 horas): realizar unha actuación escrita nun proceso xudicial no que sexan parte o Estado ou as Entidades de Dereito Público vinculadas ou dependentes da Administración Xeral do Estado.
5. Quinto exercicio: caso práctico (duración 10 horas): realizar un informe escrito sobre algún asunto xurídico no que estea interesada a Administración Xeral do Estado ou as súas Entidades de Dereito Público vinculadas ou dependentes.
CONVOCATORIAS E PRAZAS
En liñas xerais, as convocatorias publícanse cada 18 meses. O número de prazas por convocatoria oscila normalmente entre 25 e 30. Este cupo pode variar dependendo do número final de prazas adxudicadas ao Corpo de Avogados do Estado en cada Oferta de Emprego Público e as necesidades do servizo.
SISTEMA DE PREPARACIÓN: PREPARADOR/A
Os preparadores son Avogados e Avogadas do Estado que guían todas as semanas aos opositores na preparación dos temas e casos prácticos, indicándolles os puntos de mellora, o ritmo de estudo e as técnicas de exame. Hai preparadores por todo o territorio nacional.
Busca preparador/a: www.asoc-aboga...
BOLSAS
O Ministerio de Xustiza, a través do Centro de Estudos Xurídicos (CEJ), desenvolve un programa de axudas económicas para a preparación de oposicións para o ingreso no Corpo de Avogados do Estado, entre outros corpos de Xustiza. Máis información: www.mjusticia....
Accede ás bases reguladoras da última convocatoria de bolsas para opositar aos corpos de Xustiza: www.boe.es/eli...
Accede ao detalle da convocatoria correspondente ao ano 2023 de axudas económicas para a preparación de oposicións para o ingreso no Corpo de Avogados do Estado, entre outros: www.boe.es/bus...

Опубликовано:

 

26 авг 2024

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии