Тёмный

Pontevedra, a costa do infinito azul (Versión Galego) 

Viajandoconpio
Подписаться 2 тыс.
Просмотров 2,1 тыс.
50% 1

Din que se queres coñecer a forma de ser dun pobo, o primeiro que tes que facer é percorrer as súas aldeas e as súas leiras, visitar as súas cidades e perderte polos carreiros da terra que habita.
Din que a paisaxe é a clave que nos permite descifrar o ser máis íntimo e verdadeiro das xentes, o seu xeito de entender o mundo.
Se queres descubrir un lugar, o primeiro que podes facer é empaparte da súa xeografía e encher os teus ollos cos seus horizontes. E eu quero que me descubras. A min e a cantos vivimos nesta costa de azuis infinitos, neste lugar da terra que chamamos Pontevedra.
Son apenas catrocentos quilómetros, pero son todo un mundo: unha costa de rompentes e rías, de praias que acollen e illas soñadas por anacoretas e piratas, de castros, torres medievais, pequenas vilas mariñeiras e cidades cargadas de futuro.
Quero que descubras, a través das nosas paisaxes, a nosa peculiar forma de mirar, porque coñecer é a única forma de entender e de querer. Déixame servirte de guía e abrirche as portas da miña terra, do meu mar. Acompáñasme?
Aquí, nesta desembocadura que é fronteira natural e ponte, comeza a nosa viaxe. Aquí o Miño faise Atlántico baixo a mirada atenta do castro do monte de Santa Trega, que parece vixiar con atención o forte portugués que ocupa a maior parte da pequena illa de Ínsua, testemuño de tempos máis combatentes que os actuais.
O Trega tamén é atalaia magnífica desde a que avistar o noso camiño cara ao norte: trinta quilómetros de costa escarpada e case rectilínea, incrustada entre a serra da Groba e o Atlántico, que comeza na vila mariñeira de A Guarda e que avanza con tesón ata Baiona. Terra hoxe amable pero en tempos dura, de xentes afeitas ao sabor salobre do vento e ao fragor das olas que rompen contra as rochas. Só cara á súa metade ábrese unha mínima abra para aloxar a impresionante obra do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia, berce de monxes artilleiros que defendían a costa dos ataques dos piratas.
Pero ao chegar a Baiona o panorama muda por completo: a escarpa faise praia e abrigo. Aquí comeza o profundo entrante da ría de Vigo, maridaxe de azuis, verdes, gaivotas e sal. O límite márcao o cabo Silleiro e, moi preto, a silueta da fortaleza de Monterreal, hoxe Parador Nacional, que durante séculos serviu de protección, co mosteiro de Oia, contra os ataques por mar.
E despois, xa, Baiona a Real, que entrou pola porta grande na historia aquel 1 de marzo de 1493 no que Martín Alonso Pinzón arribou á súa praia coa noticia que o cambiou todo: que alá, tras este Atlántico infinito, había outra terra e vivían outras xentes. Ese día, pescadores e labregos comezaron a mirar ao océano de todos os días con ollos novos.
Pasada Baiona, o mar penetra na ría con ansia, coma se quixese fundirse coa terra. Trala ponte románica da Ramallosa nacen as grandes praias: América, Panxón, Patos, O Vao, Samil... Este é o paraíso do verán, a costa do descanso azul. Aquí, a calor vístese de mar e de relax, de paseos á tardiña e puro pracer gastronómico. Aquí tamén, en Toralla, construíron un castro os celtas e unha vila os romanos, e un pouco máis aló, na punta do Muíño, érguese o Museo do Mar, que é en si mesmo, na súa especial arquitectura e na súa simbiose mariña, unha celebración da Galicia mariñeira.
E xa, por fin, Vigo, a gran cidade do sur, a urbe viva que se empolica ao monte do Castro, coa súa fortaleza e a súa frondosidade, e á Guía, outeiros ambos desde os que a vista vaga polas augas tranquilas, polas bateas cargadas de mexllóns e pola silueta sempre presente da ponte de Rande.
A ponte é o símbolo máis coñecido da ría. Tralos seus tirantes, esta convértese en ampla enseada. Nestas augas, ao redor da illa de San Simón, cárcere e lazareto, enfrontáronse en combate mortal a frota francoespañola e a angloholandesa, alá por 1702, e na loita afundiuse, se facemos caso aos soños, o tesouro da Frota de Indias.
Pero seguimos adiante. Atravesamos Redondela e deixamos atrás a súa Casa da Torre e as súas fermosas ruelas, como tantos e tantos peregrinos procedentes de Portugal fixeron antes que nós, e dirixímosnos a un dos recunchos máis especiais da ría: a desembocadura do río Verdugo en Pontesampaio, coa súa fermosa ponte que foi escenario dun decisivo combate durante a guerra contra os franceses, alá polos albores do século XIX. Moi preto, o impresionante escenario das Salinas de Ulló é un recuncho perfecto para o paseo e o descanso.
Ulló é porta de entrada ao Morrazo, a península que separa a ría de Vigo, ao sur, da de Pontevedra, ao norte. Trátase dunha das comarcas con máis carácter de Galicia. Esta é terra de xentes mariñeiras e independentes, de hortas e casas espalladas como sementes lanzadas ao voo. Aquí ninguén é quen de dicir que é rural e que urbano, pois ao cabo galegos somos, fillos de celtas adoradores de pedras, fontes e árbores, e como tales seguimos sentindo que somos parte indisoluble desa natureza que aquí funde mar, terra, aire e sal...

Опубликовано:

 

10 фев 2021

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии : 5   
@mariadelcarmenvidalramos7786
@mariadelcarmenvidalramos7786 2 года назад
Maravilloso comentario e vidio, enhoravoa , Galicia única, ría de Pontevedra, santa tecla, a guardia Baiona, e impresionante recorrido, qe linda terriña, gracias por compartir con nosotros,👍👏💯🇪🇦
@xosecacharron2718
@xosecacharron2718 3 года назад
ENCANTADOR POR IMÁGENES Y LA VOZ: FABULOSA!!!
@mariadelcarmenfernandezdur2975
@mariadelcarmenfernandezdur2975 3 года назад
Precioso
@amparogutierrez977
@amparogutierrez977 3 года назад
Maravillosa a nosa terriña
@teodoropicodeoro
@teodoropicodeoro 2 года назад
Noraboa polo gran traballo gráfico e tamén o guión.
Далее
Portonovo, O Grove, la Toja 🐙🐚
1:31
Hotel Campomar en Sanxenxo- Galicia
0:44
Иран и Израиль. Вот и всё
19:43
Просмотров 1,3 млн
Советы на всё лето 4 @postworkllc
00:23
COMILLAS ES UN CAPRICHO
12:34
Просмотров 5
Иран и Израиль. Вот и всё
19:43
Просмотров 1,3 млн