Тёмный

Premio da Academia Galega de Teatro a Madó Santos e Manuel Vietes, 21 de Xullo de 2024 en Ribadavia. 

Academia Galega de Teatro
Подписаться 5
Просмотров 22
50% 1

Reunida o día tres de decembro de 2023 no Pazo da Cultura de Pontevedra a Xunta Directiva da Academia Galega de Teatro acordou outorgar o Premio da Academia 2024 a Madó Santos e a Manuel Vieites.
O esforzo e dedicación de Madó Santos, para manter unha programación teatral constante converte ao Concello de Muros nun dos que máis inviste en teatro galego por habitante e ano. A súa aposta decidida e o esmerado tratamento e coidado do público e das compañías programadas, integra a
Madó como unha das persoas máis activas na creación do tecido teatral do país con vontade de futuro.
Manuel Vieites é unha figura fundamental para entender a historiografía do teatro galego. En Manuel atopamos o pensamento unido á acción: estudoso do teatro galego; promotor e primeiro Director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; autor, editor e crítico, Vieites aplicou, sen lugar dúbida, o seu coñecemento, entusiasmo e rigor ao servizo do teatro e de Galiza.
Sen estas dúas figuras senlleiras, e todo o que representan, resultaría ben difícil explicar a historia do noso teatro e os camiños de futuro que cómpre percorrer.
Por iso que, desde a Academia Galega de Teatro, concedemos estes premios con agradecemento e orgullo colectivo.

Опубликовано:

 

16 сен 2024

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии