Canción e letra da Rianxeira.
Esta versión é a que a Asociación "A Moreniña", organizadora das Festas da Guadalupe de Rianxo, difunde para cantar o último día das Festas da Guadalupe coas bengalas.
Tentouse recoller as coplas máis populares da forma da que se cantaba hai aproximadamente 30 anos e tendo en conta a fala de Rianxo, xa que, como con moitas cancións populares, existen múltiples variacións.
A RIANXEIRA
A VIRXE DE GUADALUPE
CANDO VEU PARA RIANXO
O BARQUIÑO QUE A TROUXO
ERA DE PAU DE LARANXO.
ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN,
ONDIÑAS VEÑEN E VAN,
NON TE EMBARQUES, RIANXEIRA,
QUE TE VAS A MAREAR.
A VIRXE DE GUADALUPE
CANDO VAI POLA RIBEIRA
DESCALCIÑA POLA AREA
PARECE UNHA RIANXEIRA.
ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN,
ONDIÑAS VEÑEN E VAN,
NON TE EMBARQUES, RIANXEIRA,
QUE TE VAS A MAREAR.
Á VIRXE DE GUADALUPE
QUEN A PUXO MORENIÑA
FOI A RAÍÑA DE SOL
QUE ENTROU POLA VENTANIÑA.
ONDIÑAS VEÑEN, ONDIÑAS VEÑEN,
ONDIÑAS VEÑEN E VAN,
NON TE EMBARQUES, RIANXEIRA,
QUE TE VAS A MAREAR.
6 окт 2024