Ídevos a Madrid a darlle coas porras a Montoro, ou ó do anxo Marcelo, e deixade en paz aos galegxs
9 лет назад
Podería alguén darme os datos exactos de canto custaba manter isto no porto e canto custará na rotonda? E podería alguén tamén explicarme por qué esta mesma xente non se vai manifestar a Balaídos polos 6 millóns de euros que se van deixar aí (de momento)? Iso non é inxustiza tamén? Os cartos pra o fútbol e as familias sen comer? Se a inxustiza social vai ligada a preserva-la historia pesqueira de Vigo, non vale pero se vai para o fútbol, non pasa nada? Certo é que poderían conservar o barco en mellor lugar, é máis, eu ata destinaría máis a darlle un lugar digno a este pedazo de historia e non a un estadio de fútbol. Claro que, quén son eu. Só son un músico dos que cada dous por tres é vilipendiado por este mesmo concello sen que ninguén saia na nosa defensa, total, xa ven o Vaquerizo. Ben por sair á rúa, pero estaría ben enfoca-las cousas, e non comezar mintindo como cando saíades con pancartas nas que puña un custo falso do proxecto, ou protestando só polo que nos interesa e dende o egoismo do interese persoal e nunca dende o do ben común, porque, como repito, se isto é gasto supérfluo e innecesario, manter o barco no porto, tamén o era? Que é máis importante, conservar a cultura? Era a protesta para axudar a conservar mellor o barco (que eu considero que na rotonda pouco vai durar) ou era para pedir que non se gasten cartos, sexa como sexa, eu non vexo moita coherencia, se logo non dicides nada pola cantidade de cartos que se van deixar dúas rúas máis para abaixo no estadio do voso Celtiña. Cultura non, circo si?
falas sen saber polo que vexo,o estadio de Balaídos está nunha situación ruinosa,eu son socio vou a todos os partidos e sei do que falo,hai uns meses caeron cascotes enriba dun rapaz,quedou inconsciente e tivo que ir ao Hospital,a cuberta da bancada de Rio esta desfeita,cada vez que ven un temporal voan anacos dela,pode que sexan moitos cartos,pero a diferenza coa vergoña do barco e que a obra de balaídos vai ser costeada entre concello,celta e deputación,O Celta vai poñer cartos tamén.
9 лет назад
***** Vou aproximarte, porque non teño unha memoria infalible. Pero o Celta vai poñer apróximadamente 800.000 euros de 6 millóns. E a nova cuberta... e totalmente necesaria? Totalmente de acordo en que hai que vixiar o estado das gradas. Pero non me veñas con que non sabía iso. Agora dime ti canto custou o Alfageme, ou dime, cantos deses 8 milllóns van para o absoultamente necesario. E eu tampouco estou de acordo coa idea do Alfageme, pero igual xa que me dis que falo do que non sei, dime, como moves os cartos dun presuposto de fomento, e fas que chegue a prestacións públicas e axudas sociais, que é o que levo escoitando coma principal reivindicación. Non escoitei a ninguën prestar algunha alternativa que pase por... "e co barco faise isto" sen ser a xenial idea xa tan repartida de "queimar o barco" e demáis cafradas. Vamos, que queimar un barco de metal sería magnífico, igual que sería magnifico que a xente pensara un pouquiño más que reivindica. Por certo, non me gusta sacar o obvio ou ter prexuizos. Pero o ten nome teu aquí, deixa entrever que non falas con moita imparcialidade. Igual me equivoco, pero nese caso, antes de soltar que falo sen saber do que falo, non deixes fora o que non interesa
9 лет назад
Por suposto. Xa opinei que non é o mellor lugar para o barco. Pero que non sabes por qué é importante, non sei onde carallo vives, pero dende logo de vigo pouco coñeces.