Тёмный

Rubén Fernández, de Casa Castelao, en «De 0 a 100»: «En 2018 chorei diante de dous clientes» 

La Voz de Galicia
Подписаться 21 тыс.
Просмотров 56
50% 1

Casa Castelao, nacida fai un cuarto de século na Fonsagrada, é unha homenaxe ás matanzas tradicionais de dona Carme, a avoa do actual conselleiro delegado de empresa, Rubén Fernández. Dende a montaña lucense, a 1.000 metros de altitude, está especializada en produtos de porco. «Grazas a nós, o butelo, tan tradicional aquí, chega a moitos lugares», sinala orgulloso Fernández. Tamén salazóns, destacando o lacón e a panceta. Xamón, chourizo... «temos en total 35 referencias no noso portafolio e a calidade dos nosos produtos é moi aprezada en Galicia, que era unha das nosas preocupacións». O empresario volveu ao centro no que el mesmo estudou, o IES Fontem Albei da Fonsagrada, para compartir no programa que La Voz de Galicia realiza coa colaboración da consellería de Educación, os segredos do empredemento empresarial. «O meu principal consello é que non teñan medo a equivocarse, que se formen e que arrisquen. Eu mesmo no 2018 chorei e non me da vergoña dicilo diante de dous clientes porque pensei que tiñamos que pechar», lembrou diante das cámaras. Agora, seis anos despois, parece superada aquela crise da peste porcina africana que tamén afectou aos produtores europeos. «Tamén a guerra de Ucrania provocou que aumentaran os nosos custes de produción pero non pensamos rebaixar a calidade da nosa materia prima, así que temos que subir os prezos procurando manter un equilibrio pero sen perder», detalla sobre a actual situación no mercado. Casa Castelao mantén unha notable presenza na zona norte peninsular e tamén en Portugal e o obxectivo é medrar na exportación, estando xa presentes en países europeos e nalgúns ao outro lado do Atlántico como a República Dominicana ou México.

Опубликовано:

 

14 май 2024

Поделиться:

Ссылка:

Скачать:

Готовим ссылку...

Добавить в:

Мой плейлист
Посмотреть позже
Комментарии    
Далее
80 Year Olds Share Advice for Younger Self
12:22
Просмотров 1,7 млн
Советы на всё лето 4 @postworkllc
00:23
Наташа Кампуш. 3096 дней в плену.
00:58
Китайка и Шрек в Домике😂😆
00:20
Desveladas todas las viviendas del hermano de Sánchez
15:46
Decreto Filgueira | DOCUMENTÁRIO
29:28
Просмотров 1,6 тыс.
Советы на всё лето 4 @postworkllc
00:23